Editado por Ollo Crítico (ACD)
No Ágora Café, Ollo Crítico (ACD) presentou o libro ‘Contos que nunca tal foron’ de Brais do Castro, unha serie de relatos ilustrados a cor por Xavier Dans Mayor e con fotografía de cuberta de Clelia Zucca, coordinadora de Ollo Crítico (ACD).
O actor e autor teatral Willy Éter coordinou un acto case íntimo, describindo a prolixidade literaria de Brais do Castro, «se ben non é fácil achegalo ao mundo real».
Clelia Zucca solicitou ao público presente o apoio para facer fronte a este tipo de estímulos «certamente complicados, dados os altos custes» e lembrou que ás veces «hai que morrer para que se lle recoñezan a un as súas contribucións á literatura».
Brais do Castro respondeu ás preguntas dos asistentes confesando que a súa literatura non é nada doada e que se bate directamente contra todo tipo de profilaxe.
O libro ‘Contos que nunca tal foron’ pódese mercar directamente no Ágora Café (rúa Orzán 27, A Coruña) ou ben solicitalo na seguinte dirección electrónica: ollocritico@gmail.com



No hay comentarios:
Publicar un comentario