Vistas de página en total

jueves, 12 de junio de 2014

EXPOSICIÓN DE CHELO FACAL

LUGAR: ‘O Mentireiro’ (rúa Beira Mar, 12-A Coruña)
DÍA: Venres, 13 de xuño de 2014
HORA: 21:00 horas


















‘O Mentireiro’ acolle unha exposición de Chelo Facal

O vindeiro venres, 13 de xuño de 2014 (isto é, mañá), a partir das nove da noite, a artista coruñesa Chelo Facal exhibira a súa obra ‘Todos os teus mortos’ no café-galería O Mentireiro (rúa Beira Mar, 12 | Monte Alto, A Coruña).
Segundo a crítica, «a obra desta artista multidisciplinar caracterízase pola orixinalidade en canto a tratamento de formas e cor, en perfecta simbiose co seu peculiar expresionismo. Os seus temas camiñan dende un universo idílico no que inclúe unha morea de elementos (vasos de flores, peixes, paisaxes, sereas, belas mulleres de grandes ollos) ata imaxes extraídas dos seus propios pesadelos nunha estraña viaxe que en ningún caso deixará indiferente ao público, logrando que a súa obra se revalorice día a día».

Temos tamén noticia de que hai pinchiños. 

CHELO FACAL

lunes, 19 de noviembre de 2012

En defensa da escola rural galega


Fílmika Galaika presenta o documental ‘Somos acó’

En defensa da escola rural galega, os autores de ‘Somos acó’ denuncian o sufrimento das familias polo desmantelamento das escolas públicas por parte da Administración. ‘Somos acó’ mostra tamén «a esperanza e a loita destas familias por defender unha vida digna e con futuro no seu propio medio».

Documental rodado no verán de 2012 na montaña lucense e na vila de Compostela, froito da colaboración entre Fílmika Galaika e os colectivos afectados polas políticas de desfeita da Administración.

‘Somos acó’ [https://vimeo.com/53446341#at=0] foi dirixido por Seném Outeiro e Roi Carballido, e a banda sonora é obra do grupo Quenpallou.
















Seném Outeiro (á esquerda) e Roi Carballido

jueves, 24 de noviembre de 2011

Hoxe en Compostela

Fílmika Galaika presenta o documental ‘O espírito das Trincadeiras’

As Trincadeiras foi un movemento social en defensa do territorio impulsado polos veciños de Goián, equivalente aos que se esparexeron ao longo da segunda metade do século XX por todo o mundo. O Espírito das Trincadeiras emprega o medio audiovisual para dar a coñecer o compromiso das xentes co que é de seu e dos seus antergos. A narración dos feitos e o protagonismo recaia na voz dos veciños e veciñas que lembran todo o que pasou arredor da defensa das Trincadeiras.

Realizado en 2010, 48 min | Guión e Dirección Seném Outeiro | Realización e Fotografía Roi Carballido | Montaxe e Etalonaxe Berto Palacios


















http://cineuropa.compostelacultura.org/programa/programad.php?id_e=13877&lg=gal

miércoles, 18 de mayo de 2011

Presentouse o libro 'Contos que nunca tal foron' de Brais do Castro

Editado por Ollo Crítico (ACD)

No Ágora Café, Ollo Crítico (ACD) presentou o libro ‘Contos que nunca tal foron’ de Brais do Castro, unha serie de relatos ilustrados a cor por Xavier Dans Mayor e con fotografía de cuberta de Clelia Zucca, coordinadora de Ollo Crítico (ACD).

O actor e autor teatral Willy Éter coordinou un acto case íntimo, describindo a prolixidade literaria de Brais do Castro, «se ben non é fácil achegalo ao mundo real».

Clelia Zucca solicitou ao público presente o apoio para facer fronte a este tipo de estímulos «certamente complicados, dados os altos custes» e lembrou que ás veces «hai que morrer para que se lle recoñezan a un as súas contribucións á literatura».

Brais do Castro respondeu ás preguntas dos asistentes confesando que a súa literatura non é nada doada e que se bate directamente contra todo tipo de profilaxe.

O libro ‘Contos que nunca tal foron’ pódese mercar directamente no Ágora Café (rúa Orzán 27, A Coruña) ou ben solicitalo na seguinte dirección electrónica: ollocritico@gmail.com












































Nas instantáneas de ISRAEL NAVA reflíctense algúns
dos momentos do acto.

lunes, 16 de mayo de 2011

'Baixo as estrelas'

Imaxes das obras de Chelo Facal (superior) e Daniel Remeseiro, parte dos quince artistas que inauguraron a exposición na galería Coleccion/an Espacio de Arte (A Coruña). 


Presentación do libro 'Contos que nunca tal foron' de Brais do Castro

ORGANIZA: Ollo Crítico (ACD)
DÍA: 17 de maio de 2011
LUGAR: Ágora Café (rúa Orzán 27, A Coruña)
HORA: Oito e media do serán


Editado por Ollo Crítico (ACD), con ilustracións a cor de Xavier Dans
Mayor, ‘Contos que nunca tal foron’ propón unha secuencia de relatos
que van de menos a máis, finalizando cunha historia que ben podería
ser considerada por si soa como unha eiva única e con título propio.
Brais do Castro (A Coruña, 1950) publicou os libros ‘Arredor da lua’
(narrativa, 1991), ‘Kitaro / Ti’ (poesía, 2001), ‘Nomearte’ (poesía,
2001), ‘Moncho Valcarce, o cura das Encrobas’ (documento, 2003), ‘Coa
mosca detrás da orella’ (narrativa, 2004), Rebelde con causa?’
(documento, 2008), etcétera.

Malia que as referencias á súa literatura son escasas, trátase dun
autor que provoca sensacións encontradas nos seus trazos ás veces
secos, ás veces implosivos, ás veces cargados de sinuosidade, ou mesmo
deslizándose cara a ningures prolongando a súa xeometría intratable e
desprovista de consideración cara aos protocolos literarios.

Willy Éter, actor, director e autor teatral, membro do colectivo
Manicómicos, será o coordinador do acto.