LUGAR: ‘O Mentireiro’ (rúa Beira Mar, 12-A Coruña)
DÍA: Venres, 13 de xuño de 2014
HORA: 21:00 horas
‘O Mentireiro’ acolle unha exposición de Chelo
Facal
O vindeiro venres, 13 de xuño de 2014 (isto é, mañá), a partir das nove da
noite, a artista coruñesa Chelo Facal
exhibira a súa obra ‘Todos os teus mortos’ no café-galería O Mentireiro (rúa Beira
Mar, 12 | Monte Alto, A Coruña).
Segundo a crítica, «a obra desta artista
multidisciplinar caracterízase pola orixinalidade en canto a tratamento de
formas e cor, en perfecta simbiose co seu peculiar expresionismo. Os seus temas
camiñan dende un universo idílico no que inclúe unha morea de elementos (vasos
de flores, peixes, paisaxes, sereas, belas mulleres de grandes ollos) ata
imaxes extraídas dos seus propios pesadelos nunha estraña viaxe que en ningún
caso deixará indiferente ao público, logrando que a súa obra se revalorice día
a día».
Temos tamén noticia de que hai pinchiños.
![]() |
| CHELO FACAL |

