Vistas de página en total

miércoles, 18 de mayo de 2011

Presentouse o libro 'Contos que nunca tal foron' de Brais do Castro

Editado por Ollo Crítico (ACD)

No Ágora Café, Ollo Crítico (ACD) presentou o libro ‘Contos que nunca tal foron’ de Brais do Castro, unha serie de relatos ilustrados a cor por Xavier Dans Mayor e con fotografía de cuberta de Clelia Zucca, coordinadora de Ollo Crítico (ACD).

O actor e autor teatral Willy Éter coordinou un acto case íntimo, describindo a prolixidade literaria de Brais do Castro, «se ben non é fácil achegalo ao mundo real».

Clelia Zucca solicitou ao público presente o apoio para facer fronte a este tipo de estímulos «certamente complicados, dados os altos custes» e lembrou que ás veces «hai que morrer para que se lle recoñezan a un as súas contribucións á literatura».

Brais do Castro respondeu ás preguntas dos asistentes confesando que a súa literatura non é nada doada e que se bate directamente contra todo tipo de profilaxe.

O libro ‘Contos que nunca tal foron’ pódese mercar directamente no Ágora Café (rúa Orzán 27, A Coruña) ou ben solicitalo na seguinte dirección electrónica: ollocritico@gmail.com












































Nas instantáneas de ISRAEL NAVA reflíctense algúns
dos momentos do acto.

lunes, 16 de mayo de 2011

'Baixo as estrelas'

Imaxes das obras de Chelo Facal (superior) e Daniel Remeseiro, parte dos quince artistas que inauguraron a exposición na galería Coleccion/an Espacio de Arte (A Coruña). 


Presentación do libro 'Contos que nunca tal foron' de Brais do Castro

ORGANIZA: Ollo Crítico (ACD)
DÍA: 17 de maio de 2011
LUGAR: Ágora Café (rúa Orzán 27, A Coruña)
HORA: Oito e media do serán


Editado por Ollo Crítico (ACD), con ilustracións a cor de Xavier Dans
Mayor, ‘Contos que nunca tal foron’ propón unha secuencia de relatos
que van de menos a máis, finalizando cunha historia que ben podería
ser considerada por si soa como unha eiva única e con título propio.
Brais do Castro (A Coruña, 1950) publicou os libros ‘Arredor da lua’
(narrativa, 1991), ‘Kitaro / Ti’ (poesía, 2001), ‘Nomearte’ (poesía,
2001), ‘Moncho Valcarce, o cura das Encrobas’ (documento, 2003), ‘Coa
mosca detrás da orella’ (narrativa, 2004), Rebelde con causa?’
(documento, 2008), etcétera.

Malia que as referencias á súa literatura son escasas, trátase dun
autor que provoca sensacións encontradas nos seus trazos ás veces
secos, ás veces implosivos, ás veces cargados de sinuosidade, ou mesmo
deslizándose cara a ningures prolongando a súa xeometría intratable e
desprovista de consideración cara aos protocolos literarios.

Willy Éter, actor, director e autor teatral, membro do colectivo
Manicómicos, será o coordinador do acto.


miércoles, 11 de mayo de 2011

Artistas coruñeses súmanse á conmemoración do Día Internacional dos Museos

Co epígrafe ‘Baixo as estrelas’

A iniciativa do Concello da Coruña foi asumida tamén pola galería Coleccionan Espacio de Arte (Travesía do Orzán, A Coruña), que o vindeiro sábado 14 de maio, a partir das nove da noite inaugurará unha exposición colectiva de 15 artistas cunha obra determinada na que o obxecto común é finalmente o libro (dese xeito pretenden celebrar mesmo o 17 de maio, Día das Letras Galegas).
A galería permanecerá aberta durante vintecatro horas a partir das nove da noite do sábado, nas que o público poderá tamén compartir unha copa cos artistas.
Neste proxecto participan Chelo Facal, Daniel Remeseiro Henrique Tenreiro, Henrique Vázquez, Gabi, Loc, Manoel Bonabal, María Chenut, María Loureiro, Mariché, Mercedes Molares, Monty, Nehama Levendel, Senén Olano e Tita Fraga.












Mostra plástica de CHELO FACAL

lunes, 9 de mayo de 2011

Brais do Castro presenta o libro ‘Contos que nunca tal foron’



Contra as oito e media do serán, no Ágora (rúa Orzán, 17, A Coruña), presentarase o libro de Brais do Castro ‘Contos que nunca tal foron’.
Editado por Ollo Crítico (ACD), con ilustracións a cor de Xavier Dans Mayor e fotografía de cuberta de Clelia Zucca, ‘Contos que nunca tal foron’ propón unha secuencia de relatos que van de menos a máis, finalizando cunha historia que ben podería ser considerada por si soa como unha eiva única e con título propio.
Brais do Castro (A Coruña, 1950) publicou os libros ‘Arredor da lua’ (narrativa, 1991), ‘Kitaro / Ti’ (poesía, 2001), ‘Nomearte’ (poesía, 2001), ‘Moncho Valcarce, o cura das Encrobas’ (documento, 2003), ‘Coa mosca detrás da orella’ (narrativa, 2004), Rebelde con causa?’ (documento, 2008), etcétera.
Malia que as referencias á súa literatura son escasas, trátase dun autor que provoca sensacións encontradas nos seus trazos ás veces secos, ás veces implosivos, ás veces cargados de sinuosidade, ou mesmo deslizándose cara a ningures prolongando a súa xeometría intratable e desprovista de consideración cara aos protocolos literarios.
Willy Éter, membro de Manicómicos coordinará o acto.
O libro está a venda por 15 euros en: ollocritico@gmail.com